EMMA
OLSEN: a
protagonista. Escritora consagrada. padece un cancro terminal, que
supón a motivación necesaria para voltar coa súa filla Linda, do
seu apartamento en Nova Iorque á súa vila natal Faith, da que
fuxira, como tamén fixera súa nai anos antes, promentendo non
volver. Precisa contar algo que lle aconteceu alí, a principal causa
pola que marchou e se fixo escritora. En todas as súas novelas
sempre quedou un poso moi velado do acontecido en Faith con Clarissa
e precisa botalo fora, saldar contas coa súa conciencia antes de
morrer, no seu derradeiro libro.
CLARISSA:
veciña
de Emma, a filla dos Logan. Aparentemente é a viva imaxe da "nena
perfecta". A súa presenza eclipsa a calquera que se lle
achegue. Consciente da súa capacidade, disfruta diferenciándose do
resto, aos cales detesta en segredo, e adoita tratar con certo
desdén, cando non crueldade. Emma é a súa confidente. As súas
vidas semellan espellos, reflexos invertidos e inversamente
proporcionais. Para Emma, Clarissa é a vertixe. Unha persoa
impredecible, impulsiva, valente, tremendamente sensual e decidida a
non pasar desapercivida nunha sociedade que aborrece. Disfruta
pasando as tardes coa súa veciña imaxinando xeitos de suicidarse
como forma de fuxir desa penosa vila, deixando pegada. É un imán
que atrae e ao mesmo tempo repele a Emma. Co tempo a complicidade
convértese nunha excitante e prohibida relación de amor-odio,
creando unha dependencia fatal entre as dúas.

Comentarios
Publicar un comentario